Primeiro de Maio do 2014: SEN EMPREGO DE CALIDADE NON HAI RECUPERACIÓN. Máis cohesión social para máis democracia

Este Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, vén marcado polas políticas de austeridade que impuxo de forma autoritaria a troica —Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional— e que só provocan:

— taxa de paro en Galicia do 22 % (no Estado, do 26,03 %), taxa de temporalidade do 22,73 %;
— perda de 41.850 empregos en Galicia en 2013, e 30.000 activos menos con respecto a 2012;
— aumento dos contratos temporais a tempo parcial e diminución dos indefinidos a xornada completa, situación que afecta a mulleres no 76 % dos casos;
— eliminación de 5.216 empregos na Administración pública galega (só en sanidade, educación e xustiza) desde 2010;
— redución continua da protección por desemprego, que desde 2010 caeu case o 20 %, deixando 130.000 galegos e galegas sen cobertura;
— diminución do 52 % do investimento por persoa desempregada en políticas activas desde 2011; en 32.800 fogares galegos, ningún dos seus membros percibe ingresos.

MANIFESTACIÓNS (lugares e horas de saída):

A Coruña – praza da Palloza ás 12:00

Ferrol – praza do Inferniño ás 12:00

Santiago de Compostela – Alameda ás 12:00

Lugo – sede sindical (rolda da Muralla) ás 12:30

Viveiro – casa sindical ás 12:30

Ourense – pavillón dos Remedios ás 11:30

Vilagarcía de Arousa – praza de Ravella ás 12:00

Pontevedra – praza da Peregrina ás 12:00

Vigo – cruzamento Vía Norte/Urzáiz ás 11:30

Cartel_do_Primeiro_de_Maio_2014

Anuncios
Esta entrada fue publicada en NOTICIAS, TOMA LA CALLE y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s