Novos cursos de formación en FOREM

A fundación FOREM de CCOO de Galicia está a preparar xa os cursos que ofertará para o ano 2014. Aínda que se destinan prioritariamente a persoas ocupadas, entre o 20 % e o 40 % das prazas están reservadas para traballadores e traballadoras en situación de desemprego.

Trátase dunha oferta formativa intersectorial, polo que poden participar profesionais de calquera sector. Na páxina web de FOREM-Galicia xa se pode consultar máis información sobre os cursos e mesmo facer a preinscrición.

Entre as propostas de cursos cabe destacar os de tratamento de imaxes, deseño de páxinas web, soldadura MIG e TIG, manipulación de produtos fitosanitarios, transporte de mercadorías perigosas, cociña, electricidade ou aplicacións ofimáticas, entre outros. Todas as accións formativas son gratuítas para o alumnado e, ao remate, expedirase un certificado emitido pola Consellaría de Traballo e Benestar.

Por último, desde FOREM lembran que a formación é un dereito de todas as persoas traballadoras e piden non renunciar á mellora da capacitación profesional.

forem

Anuncios
Esta entrada fue publicada en FORMACIÓN, NOTICIAS y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s