300.000 persoas puxéronlle a guinda a unha xornada de folga seguida por máis do 90% das traballadoras e traballadores de Galicia

As traballadoras e traballadores galegos percorreron as rúas da Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vigo e Arousa baixo o lema “Queren acabar con todo. Cos dereitos laborais e sociais”.

Desde CCOO e UGT salientan que se trata dun «día histórico» grazas a unha participación na folga xeral superior ao 90%. A convocatoria tivo un especial seguimento en sectores como recollida de lixo e limpeza viaria, transportes públicos, portos e aeroportos, sector naval, automoción ou comercio e hostalería.

Vigo acolleu o acto central, no que participaron os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez. Na cidade olívica foron máis de 100.000 as persoas que saíron as rúas convocadas polos dous sindicatos.

Co aval deste “masivo apoio”, UGT e CCOO reclaman, polo tanto, a rectificación das políticas antisociais e da reforma laboral do Goberno de Rajoy. A reforma do despedimento único, a que rompe coa negociación colectiva, a da devaluación salarial, a que deixa en mans dos empresarios todos os poderes sobre os traballadores, a da perda dos dereitos laborais adquiridos con moita loita nestes últimos trinta anos….todo isto só deixa unha saída, a da mobilización e conflitividade social.

 Máis información: Datos de participación ás 6 da mañá y Datos de participación ás 9 da mañá.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en NOTICIAS, TOMA LA CALLE y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s