8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Nesta celebración do 8 de Marzo, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores, seguindo a liña das nosas respectivas confederacións sindicais, reafirmámonos no noso compro­miso coas políticas de igualdade entre mulleres e homes, como garantía democrática que fortaleza o desenvolvemento dun modelo social máis xusto e igualitario en dereitos, no emprego, na participación económica e, en definitiva, na sociedade galega.

Outra volta, vivimos un 8 de Marzo marcado polo indiscutible protago­nismo da crise económica e financeira e o seu forte impacto no desem­prego, e pola protesta e contestación social fronte ás medidas laborais que recortan dereitos e protección social ás persoas traballadoras, pre­carizan as condicións de traballo, favorecen o desmantelamento do Es­tado de benestar e evidencian o fracaso dun modelo de crecemento que produce desigualdade social e de xénero. Unha situación de retroceso económico e social na que as mulleres tiveron unha participación moi activa nas recentes mobilizacións, expresando o seu rexeitamento ás políticas de recortes e supresión de dereitos laborais que supoñen unha agresión da comunidade financeira internacional a través da Unión Europea.

Este 8 de Marzo, UGT-Galicia e CC OO denunciamos que todos os recor­tes en políticas públicas, sanidade, educación, servizos sociais e depen­dencia, que están a debilitar o Estado de benestar, teñen un claro im­pacto nas políticas de igualdade; en definitiva, perpetúan as desigualdades de xénero.

Por iso demandámoslle ao novo Goberno do Partido Popular o mante­mento, garantía e impulso das políticas de igualdade no relativo ao em­prego e ás condicións de traballo, tomando en consideración a dimen­sión de xénero como clave imprescindible para unha recuperación económica sustentable, equitativa e democrática.

UGT-Galicia e CC OO manifestamos que o obxectivo da igualdade real está aínda por alcanzar, polo que seguimos considerando imprescindi­bles as seguintes actuacións:

– Favorecer o emprego, a formación e a promoción das mulleres nas empresas; eliminar a segregación laboral; promover a saúde laboral das mulleres e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo.

– Incrementar a presenza e representación das mulleres no ámbito sindical, a economía, a participación política e a toma de decisións, a dirección de empresas e os consellos de administración, presenza imprescindible para conseguir a plena integración das mulleres na sociedade.

– Garantir o financiamento necesario para a aplicación da Lei de de­pendencia, a creación de infraestruturas sociais para a educación in­fantil de 0 a 3 anos e para a atención ás persoas dependentes, todas elas tan necesarias para avanzar no logro da corresponsabilidade entre mulleres e homes arredor da conciliación.

– Promover os necesarios cambios nas actitudes e valores social­mente adxudicados, que contribúan a unha maior corresponsabili­dade familiar e laboral entre mulleres e homes e que favorezan a sensibilización, prevención e erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres.

– Reivindicar a necesidade de manter plenamente vixentes os contidos da Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo nos mesmos termos en que foi aprobada en 2010, xa que a súa modificación supón un paso atrás no dereito das mulleres a decidiren.

Por todo isto, a SECRETARÍA DE IGUALDADE de UGT-Galicia e a SECRETARÍA DA MULLER de CC OO reforzamos o noso compromiso coas políticas de igualdade e chamamos as traballadoras e traballado­res e a toda a poboación a participaren nos actos e manifestacións que se celebran con motivo do 8 DE MARZO, para reiterar o noso compro­miso coa consecución dunha sociedade máis igualitaria, xusta e demo­crática.

A loita pola igualdade supón defender o emprego con dereitos e compartir as responsabilidades familiares en igualdade de condicións entre mulleres e homes.

Porque a igualdade é un deber, non unha opción.

 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario, a pensión (405 kb, 34 páginas, formato )

comfia-ccoo-galicia

Anuncios
Esta entrada fue publicada en NOTICIAS y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s