Máis de 140.000 persoas manifestáronse en Galicia xunto a UGT e CCOO contra a reforma laboral

 Máis de 140.000 persoas manifestáronse hoxe en toda Galicia contra a reforma laboral imposta polo Goberno do Partido Popular. As manifestacións máis numerosas foron as de Vigo (50.000), A Coruña (acto central, 35.000), Ferrol (25.000) e Santiago de Compostela (15.000), pero tamén houbo mobilizacións en Ourense (5.000), Pontevedra (5.000), Lugo (4.000), Vilagarcía de Arousa (2.000) e Burela (550). Os sindicatos convocantes, CCOO e UGT, sinalan que tras «resposta masiva» da cidadanía «o Executivo debe rectificar ou volveremos saír ás rúas».

Segundo os secretarios xerais de CCOO e UGT, esta reforma «obvia e despreza o activo máis importante que teñen as empresas, os traballadores e traballadoras. Desprovistos dos seus dereitos laborais básicos pasan practicamente a ser servos das empresas». En opinión de ambos os dirixentes, trátase dunha «aposta pola precarización que non vai solucionar o principal problema deste país, que é o paro». Todo o contrario, afirman que esta reforma provocará, como xa o fixo a que a precedeu, un aumento do número de despedimentos.

Finalmente, emprazan a cidadanía a se sumar o próximo día 29 a unha xornada de mobilización convocada para todo o continente pola Confederación Europea de Sindicatos (CES), da que tanto CCOO como UGT forman parte.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en NOTICIAS, TOMA LA CALLE y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s